O Próximo Alcalde da Cañiza Miguel Domiguez celebrando a sua victoria/ Anxo Gutiérrez
ANXO GUTIERREZ/ A CAÑIZA
Tras os resultados electorales obtidos o pasado dia 22 de maio e por maioria absoluta, o candidato do PP da Cañiza Miguel Dominguez Alfonso será o Alcalde desta vila tras a toma de posesion que será o proximo sabado dia 11
En cambio os veciños da Cañiza fan unha homenaxe o actual alcalde en funcions Cesar Mera que tras 34 anos na alcaldia deixa o seu posto, esta homenaxe farase no restaurante O Pozo . Nesta homenaxe a parte da cea sera otorgada o Alcalde Cesar Mera a Medalla de ouro do Foro dos Reyes Católicos.
Cesar Mera e Miguel Dominguez na Festa do Xamon do ano pasado/ Anxo Gutiérrez
BREVE RESEÑA DO HOMENAXEADO:
César Xosé Mera Rodríguez (A Cañiza – Pontevedra, 07-03-1945) foi elexido Alcalde de A Cañiza no Pleno do Concello celebrado ás 11:00 da mañá o día primeiro de febreiro do ano 1.976.
Tres anos máis tarde, en maio de 1979, presentouse tamén como candidato á Alcaldía nas primeiras eleccións locais democráticas baixo as siglas do partido Unión de Centro Democrático (UCD), eleccións que ganaría por maioría absoluta.
Dende aquela segue sendo o Alcalde da Vila pero dende o ano 1987 pertence ao Partido Popular.
Conta con estudios de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos e tamén de Ciencias Matemáticas e Empresariais e antes de pasarse á política adicábase ao ensino.
Dende o ano 1993 ata o ano 2.008 foi senador electo pola provincia de Pontevedra e durante o período 2000 a 2004 presidiu a Comisión Especial sobre a situación das poboacións de montaña no Senado. Formou parte de numerosas comisións na Cámara Alta (Economía e Facenda, Comisión de Orzamentos e Comisión de Industria, Comercio e Turismo). Tamén integrou o Grupo Territorial do Senado na Comunidade Autónoma de Galicia.
Cesar Mera, feijoo e Miguel nun acto na Cañiza/ Anxo Gutiérrez
Durante os períodos que van de 1976-1979, 1979-1983 e 1983-1987 foi Deputado Provincial da Excmª. Deputación de Pontevedra. Vicepresidente da mesma de 1987 ata 1990 e finalmente foi elexido Presidente no ano 1990, cargo que mantivo ata o ano 1.995.
Tamén formou parte do Comité Executivo Nacional da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) e do seu Consello Federal dende o ano 1991 ata 1995.
Na actualidade leva 35 anos como rexedor da Vila e aqueles que o coñecen destacan entre as súas cualidades como Alcalde as ganas invencibles e incansables de loitar polo progreso da Cañiza e por acadar o máximo nivel de benestar para os seus veciños.
Un dos éxitos máis importantes acadados ao fronte da Alcaldía foi a posta en marcha do Polígono Industrial Municipal da Vila e a súa expansión e consolidación definitiva que permitiu á economía local dar un xiro vital de progreso nun momento en que parecía que a localidade podía quedar estancada económicamente coa posta en marcha da autovía A-52 das Rías Baixas, en decembro do ano 1.998, considerando que un dos pilares da economía da zona era o sector hosteleiro ( aproveitando o paso da estrada N-120 polo pobo). Hoxe en día, debido á aguda crise económica que estamos vivindo o polígono non se atopa no 100% do seu rendimento, pero as instalacións e a inversión están ahí e de seguro volverá a converterse na principal fonte de emprego da Vila.

Cesar Mera na Festa do Cristo da Cañiza do 2010/ Anxo Gutiérrez
Outro éxito salientable da súa política local foi conseguir que A Cañiza contara con dous accesos directos a esta autovía A-52 das Rías Baixas, a menos de 500 metros do casco urbán. Este feito propiciou que a localidade quedara perfectamente conectada coa meseta e a costa e permitiu reducir considerablemente as distancias coas urbes galegas máis importantes.
Por outra banda, un dos rasgos que define o seu carácter é a súa humildade e o cariño que lle profesa á súa terra natal, A Cañiza, e aos seus veciños. Supo gañarse o respeto das xentes da Vila coa súa atención desmedida, feito que o levou a gañar todas as eleccións por MAIORÍAS ABSOLUTAS durante 35 anos.
RESUMEN DA SÚA TRAXECTORIA POLÍTICA:
Excmº. Sr. D. César José Mera Rodríguez
Alcalde de A Cañiza: 1976-1979, 1979-1983, 1983-1987, 1987-1991, 1991-1995, 1995-1999, 1999-2003, 2003-2007 e 2007-2011
Presidente da Deputación de Pontevedra: 1990 – 1995
Senador: Lexislaturas V: 1993-1996, VI: 1996-2000, VII: 2000-2004 y VIII: 2004-2008
Deputado Provincial: 1976-1989
Membro da Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias: 1991-1995


