O presidente da xunta, estivo cos alumnos da escola/Anxo Gutiérrez
REDACCIÓN/ A CAÑIZA
O Presidente da Xunta estivo acompañado nesta visita pola Presidenta do Parlamento de Galicia Dona Pilar Rojo Noguera, pola Conselleira de Traballo e Benestar Dona Beatriz Mato Otero e polo Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra Don José Manuel Cores Tourís. O Alcalde da Cañiza Don César José Mera Rodríguez foi o encargado de guiar esta visita pola Escola infantil.
O Presidente nun momento da visita/ Anxo Gutiérrez
O centro entrou en funcionamento o pasado 15 de novembro de 2.010 e conta con 43 prazas abertas para este ano. Está ocupado na súa totalidade. A obra estivo cofinanciada pola Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de A Cañiza. Nesta visita o Alcalde César Mera agradeceu ao Presidente da Xunta de Galicia a axuda da Comunidade Autónima que investiu neste proxecto máis de 424.000,00 €. Tamén agradeceu a colaboración da Excmª. Deputación de Pontevedra cunha aportación de 70.000,00 € para seguridade e acondicionamento exterior.

Beatriz Mato, Pilar Rojo, Feijóo e Mera durante a rolda de prensa/Anxo Gutiérrez
Todas estas axudas, sumadas á aportación do Concello da Cañiza (174.532,42 €) fixeron posible que o Centro entrara en funcionamento o pasado 15 de novembro cumprindo as expectativas dos pais e nais dos cativos da localidade.
A Escola Infantil leva en funcionamento dende o mes de novembro/ Anxo Gutiérrez


