Os Axentes Santi Regueiro e David López xunto o novo vehículo/Anxo Gutiérrez
Redacción /A CAÑIZA
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presidiu o 3 de xaneiro na Estrada o acto de entrega de 20 vehículos todoterreo e 20 motocicletas para os Corpos de Policía Local de Galicia, ao que asistiu o Alcalde da Cañiza como un dos beneficiarios. No acto tamén estiveron presentes os directores xerais de Administración Local e de Emerxencias – Norberto Uzal e Santiago Villanueva- e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, entre outros.
Imaxe do interior do vehículo/ Anxo Gutiérrez
Os todoterreos que o Goberno galego vén de ceder aos concellos foron adquiridos grazas ao Fondo de Compensación Ambiental, un fondo procedente do canon eólico que permite que os municipios galegos se beneficien por vez primeira das explotacións eólicas. O vehículo entregado ao Concello conta con aparellos de medición de ruídos e con dispositivo de toma de mostras para labores medioambientais.

