
Imaxe do curso/ Remitida
Redacción / A Cañiza
O Centro Comarcal A Paradanta acolleu o pasado sábado día 27 de xuño un curso organizado por APETAMCOR (Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia).
Alberto Vila, xerente da asociación e Roberto Penedo, tacógrafo e informático, foron os poñentes deste curso que versou sobre as materias: “Tempos de condución e descanso” e “Funcionamento do tacógrafo”.

//Remitida
Asistiron un total de 35 alumnos, transportistas todos eles e o curso tivo unha duración de 4 horas.