
Imaxe de arquivo da asinatura realizada en xullo de 2008/ Anxo Gutiérrez
Redacción / A Cañiza
O pasado xoves día 14 , procedeuse por parte do Xefe de Comarca de Caixanova D. José Luis Romero a entrega ó Alcalde da Cañiza, do vehículo que foi subvencionado por Caixanova para transporte das persoas dende as distintas parroquias ata o Centro Diurno. O vehículo ten 9 prazas de asentos e tamén poden ser 6 prazas e 2 cadeiras de rodas. Ten plataforma para subida das cadeiras, aire acondicionado e protección nas ventás para o sol.
O martes 26 de maio ás 19.30 horas na casa do concello (salón de plenos) está convocada unha reunión informativa, para o uso do vehículo e o funcionamento do Centro Diurno, para todos os vecinos interesados.