
Imaxe do cartel publicitario/ Remitida
Redacción /A Cañiza
A Franqueira se prepara para o vindeiro luns 1 de xuño a celebrar a romería de primaveira ou ven coñecida como a das “Pascuillas”. Esta romaría celébrase sempre o luns de Pascua do Espíritu Santo, a data ven dada ao contar 50 días dende o Domingo de Resurreción. É unha Festa de primavera onde se representan cerimonias dunha antiga liturxia popular.
Das dúas Romarías que se celebran na Franqueira, quizáis a das Pascuillas sexa a que presente maior vistosidade pois á rexia imaxe da Virxe, se suman 65 tallas procedentes de todas as parroquias e municipios colindantes que peregrinan ata o Santuario continuando unha tradición de orixe perdida en tempos milenarios.
A partir das dez da mañá o camiño que achega ao Santuario ofrece un dos mellores momentos do día, cando chegan os romeiros acompañados das súas respectivas imaxes adornadas coas súas mellores galas e frores de maio. As virxes e santos agardan a súa quenda para ofrecer as salutacións de rigor no atrio empedrado. Neste esceario danse cita centos de persoas que desexan presenciar os turnos de reverencias nas que interveñen tamén pendóns parroquiais e cruceiros de man.

Centos de persoas se congregan na celebración/ Anxo Gutiérrez
A xornada comeza para os romeiros de madrugada. Estes reúnense nas inmediacións de cada igrexa ou capela para, dende ahí, acompañar ás imaxes ata o Santuario de A Franqueira. Todos eles, cos seus correspondentes est
andartes, pendóns e imaxes inician a peregrinación para poder asistir ás primeiras misas da mañá. Nos cruces dos sendeiros e camiños van uníndose as procesións doutras parroquias.
A primeira imaxe que ten o privilexio de entrar no Santuario é, dende sempre, a Virxe do Rosario e San Sebastián da parroquia de Achas, que abren o turno de reverencias. Se outras imaxes chegan antes, terán que agardar. Así o establece o protocolo.

Imaxe dunha celebración da Romeria das Pascuillas/ Anxo Gutiérrez
Son moitas as procesións que compoñen esta peregrinación. Mondariz, Mondariz-Balneario, Vilasobroso, Cumiar, Lira, Mouriscados, Uma, Batalláns, Meirol, Paraños, A Cañiza, As Achas, Valeixe ( desta parroquia chegan ao Santuario 6 imaxes ), Parada, A Lamosa, Creciente, Maceira…así ata superar a cifra das 65 tallas.
Despois de cumplir coas salutacións de rigor no recinto do Santuario e xa celebrados todos os oficios relixiosos, é tradición que os feligreses, romeiros e visitantes e turistas, confraternicen nas comidas campestres. As inmediacións do Santuario énchense de postos onde se pode degustar o típico polbo, carne ó caldeiro, empanada galega, tetilla, mel, rosquillas e outros productos típicos. A partir das 4 da tarde as procesións retoman o camiño de volta ainda que os oficios relixiosos seguen celebrándose ata as seis da tarde.