
Momento do descubrimento da placa oficial/ Anxo Gutiérrez
Redacción/ A Cañiza
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o alcalde da Cañiza, César Mera, e o Deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, asistiron hoxe á inauguración do campo de fútbol de céspede artificial de Augas Férreas, na Cañiza.
A construción do campo, que conta cunha superficie total de 7.000 metros cadrados de herba artificial de última xeración e cun terreo de xogo de 100×62 metros, supuxo un investimento de 600.000 euros dos cales 500.000 foron financiados pola Deputación e os restantes 100.000 euros correron por conta do Concello.

Os alcaldes de Arbo, As Neves e Covelo, tamén estiverón na inauguración/Anxo Gutiérrez
Características
O proxecto para a dotación de herba artificial ó campo de fútbol contemplou, ademais, a instalación de un xogo de porterías de fútbol 11, dous xogos de porterías de fútbol 7 abatibles, un xogo de bandeirolas de córner, bancadas para suplentes e un marcador. Pero ademais, a Deputación executou obras complementarias consistentes no acondicionamento da drenaxe do campo e a pavimentación dós accesos ó terreo de xogo.
No campo instaláronse, ademais, canaletas para a recollida de augas e rego automático programable con seis canóns e cun alcance de 48 metros. O pavimento do campo está dotado de novidosos materiais de fibra e recheo. Ata agora, usábase recheo de caucho pero a Deputación decidiu instalar un material termoplástico que permite unha maior elasticidade.

O alcalde de A Cañiza, durante o seu discurso/ Anxo Gutiérrez
¿Por que céspede artificial?
Pola súa polivalencia, durabilidade e posibilidade de que o terreo de xogo soporte unha maior actividade deportiva que os campos de herba natural, xa que este tipo de superficie require uns coidados moito máis custosos, así como períodos de descanso para que a súa conservación sexa óptima. Así, as características requiridas para os campos de fútbol impulsados pola Deputación de Pontevedra son as axeitadas e específicas para a práctica deportiva tanto de alta competición como de uso intensivo, solventando as limitacións de tempo de uso que presentan outras superficies como a herba natural. Ademais, permitirán a súa utilización en todo tipo de condición climatolóxica. Deste xeito, minimízanse os labores de mantemento.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán entregaron uns agasalos aos cativos/ Anxo Gutiérrez
Mantemento conxunto
Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo conxuntamente entre Deputación e Concello, abonando os custos na mesma porcentaxe que nos custos de construción, 75% Deputación e 25% a administración local.

O alcalde de A Cañiza tamén colaborou na entrega dos agasallos/ Anxo Gutiérrez

//Anxo Gutiérrez