O Concello de A Cañiza, conta con unha mini planta de tratamento de residuos sólidos urbanos
Mayo 6, 2008 por Anxo Gutiérrez
O alcalde de A Cañiza, César Mera/ Anxo Gutiérrez
Redacción/ A Cañiza
O concello da Cañiza contadende o lun día 5 de maio cunha mini planta de de transferencia de residuos sólidos urbanos, situado no polígono industrial municipal Ribadil, a escasos 500 metros do núcleo urbano.
A apertura destas instalacións prodúcese tralos acordos adoptados entre a Sociedade Galega de Medioambiente (Sogama) e o Concello da Cañiza, aínda que, sinala o concello que con certa demora respecto ao prazo inicialmente fixado co anterior goberno da Xunta de Galicia, en mans do PP e “por causas alleas ao Concello da Cañiza”.
O grupo de goberno explica que a posta en servizo destas instalacións permitirá unha redución importante nos custos de transporte dos residuos (gastos de gas-oil, talleres e mantemento do vehículo de recollida).
Ata o momento o vehículo do servizo de recollida de lixo municipal tiña que desprazarse dúas veces ao día, de luns a venres, ata a planta de transferencia de Leiro - Ourense, xestionada pola Mancomunidade I.V. de Concellos de Ribeiro para depositar as verteduras, facendo un total de 100 quilómetros ao día, xa que a planta de Ribadavia atópase a 25 quilómetros só ida.
A eliminación destes desprazamentos diarios repercutirá nunha mellor atención do servizo de recollida en canto a horarios e nunha considerable redución dos custos.
Imaxe da 3º fase do Poligono Industrial de A Cañiza/ Anxo Gutiérrez
“Considerando ademais que o servizo de recollida de residuos municipal na Cañiza é deficitario, debido a que as cotas que pagan os veciños é notablemente inferior ao custo da recollida, a entrada en funcionamento desta instalación permitirá que non se produza un incremento importante nas recibos polo concepto de recollida de lixo dos anos seguintes, xa que se conterá unha parte do gasto. Aínda así este servizo mostra un déficit importante que asumirá o Concello, aínda que a Lei di que tanto o servizo de augas como o de recollida de lixos non debe custarlle nada ao Concello porque debe haber un equilibrio na balanza de gastos e ingresos”, explican dende o concello

